Sunday 05 de May de 2024

O PP mostrou en sesión plenaria os datos reais da xestión municipal do bipartito contidos en “a súa” conta xeral de 2021


– Lamentan a absoluta falta de autocrítica do goberno tras coñecerse os datos oficiais da súa xestión, que os populares cualifican como “desoladores”

– Consideran que o discurso entusiasta do goberno sobre a Conta Xeral de 2021 ofrecido no pleno de outubro é “unha ofensa á capacidade intelectual dos cambreses” a quen se pretende confundir coa divulgación duns resultados distorsionados e incertos.

– Tras a negativa do bipartito para facer públicos os verdadeiros números que resultan do documento que debe ser elevado ao Tribunal de Contas, os populares presentan un boletín que inclúe a representación gráfica daqueles e anuncian que será posto ao dispor dos veciños nos próximas días.

Un dos puntos para tratar na sesión ordinaria do pleno municipal do Concello de Cambre celebrado este xoves día 27, era a aprobación da Conta Xeral de 2021 a fin da súa elevación ao Tribunal de Contas.

Expoñen os populares que a conta xeral é un documento contable que, a diferenza do orzamento municipal, é elaborado exclusivamente polos técnicos do servizo de Intervención, a cal reflicte fielmente o estado económico- patrimonial do municipio e o resultado de toda unha xestión municipal, dado que da observación e cálculos sobre a mesma realizado por grupos de gasto extráense as porcentaxes verificables de execución, por cada concellería, das partidas asignadas, chegándose a conclusións finais
probadas e irrefutables e por tanto, non manipulables.

Na sesión plenaria de outubro, #ante o desconcerto dos populares e de numerosos veciños que seguían o debate, a concelleira de Facenda, María Pan, realizaba un resumo da conta adulterado e partidista, que en nada se corresponde cos verdadeiros datos que obxectivamente se extraen daquela.

Discurso ao que a formación popular ha replicado detallando os auténticos resultados da xestión política municipal e que o goberno trata de ocultar por ser “determinantes en canto ao nulo rendemento dos seus concelleiros”.

Por tal motivo, os populares elaboraron un documento gráfico no que se mostran, entre outros datos, as porcentaxes de execución por grupos de gasto das partidas máis relevantes do orzamento municipal, mal chamado “participativo” polas obvias razóns de incompatibilidade entre este e os resultados que a formación popular rebate.

Algunhas das partidas que máis chaman a atención en canto á súa porcentaxe de execución son os INVESTIMENTOS , pois dun orzamento total de 5.750.338,15, o goberno local só foi capaz de executar o 28 %, é dicir, 1.610.971 Euros.
Destacan así mesmo as seguintes porcentaxes de escasísima ou nula execución :

1.- GASTO EN OBRAS, SERVIZOS E URBANISMO (destacan) TRABALLOS TÉCNICOS URBANISMO :
Partida definitiva: 212.495,62 €
Gasto: 29.072,7 €
Porcentaxe de execución: 13%
MANTEMENTO INFRAESTRUTURAS:
Partida definitiva : 200.000 €
Gasto : 18.496,80€
Porcentaxe de execución: 9%
MANTEMENTO ALUMADO PÚBLICO:
Partida definitiva: 100.000,00 €
Gasto: 17.828,53 €
Porcentaxe de execución: 17%
PARQUES E XARDÍNS:
Partida definitiva: 220.131,20 €
Gasto: 128.714,84 €
Porcentaxe de execución: 58%
MANTEMENTO XARDÍNS GARDERÍA:
Partida definitiva: 9.000,00 €
Gasto: 1.974,98 €
Porcentaxe de execución: 21%

2.- GASTO EN SERVIZOS SOCIAIS : ( destacan )
ACTIVIDADES SOCIAIS DE ATENCIÓN SOCIAL PRIMARIA:
Partida definitiva: 75.000,00 €
Gasto: 1.783,54 €
Porcentaxe de execución: 2%
EDUCACIÓN FAMILIAR:
Partida definitiva: 35.000,00 €
Gasto: 840,00 €
Porcentaxe de execución: 2%
EMERXENCIA SOCIAL
Partida definitiva: 260.000,00 €
Gasto: 176.262,64 €
Porcentaxe de execución: 67%

3.- GASTO EN EMPREGO E PROMOCIÓN EMPRESARIAL ( destacan )
FORMACIÓN PARA O EMPREGO
Partida definitiva: 290.264,63 €
Gasto: 2.715,72 €
Porcentaxe de execución: 1%
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Partida definitiva: 220.000,00 €
Gasto: 44.008,37 €
Porcentaxe de execución: 20%
PLAN GOZA CAMBRE:
Partida definitiva: 25.000,00 €
Gasto: 0 €
Porcentaxe de execución: 0%
PREMIOS PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Partida definitiva: 25.000,00 €
Gasto: 13.045,90 €
Porcentaxe de execución: 52%

4.- GASTO EN ACTIVIDADES CULTURAIS E MOCIDADE E DEPORTES (
destacan)
ACTIVIDADES CULTURAIS
Partida definitiva: 197.100,00 €
Gasto: 91.041,51 €
Porcentaxe de execución: 46%
MOCIDADE
Partida definitiva: 188.000,00€
Gasto: 65.988,17 €
Porcentaxe de execución: 35%
MANTEMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
Partida definitiva: 40.000,00 €
Gasto: 768,75 €
Porcentaxe de execución: 2%
MANTEMENTO E TRABALLOS XESTIÓN DE PATRIMONIO
Partidas definitivas : 65.000 €
Gasto: 0 €
Porcentaxe de execución: 0%

5.- PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Partidas definitivas: 26.000 €
Gasto: 2.764,02 €
Porcentaxe de execución: 10%

6.- INVESTIMENTOS TOTAIS ANO 2021 : (destacan)
Porcentaxe de execución: 28%